Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 96/37-2. Libro de rexistro: 4.508 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Trabada.

Situación: Trabada.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor RHV-3x150 mm Al, en canalización subterránea, cunha lonxitude de 230 m. Dous centros de transformación de 160 kVA e 250 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 2.210 m, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Trabada.

Orzamento: 26.352.336 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 26 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3410