Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de abril de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número PO-01958-O-94 e PO-02076-O-94).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 29 de abril de 1996.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01958-O-94

PO-3960-AK

G. C. Tráfico

Exgamar, S.L.

Cofin, 160

36980 O Grove-Pontevedra

Transportar marísco desde Vigo ata O Grove, carecendo da tarxeta de transportes. Proponse sanción por non levar á vista a tarxeta. Servicio privado.

18-7-1994; 9.50; A-9; 137,500

Art. 142 B) LOTT

Art. 199 B) ROTT

143 LOTT

201 ROTT

5.000
PO-02076-O-94

C-8605-AW

G. C. Tráfico

Amalia Fernández Vázquez

López Bouza, 44

15401 Ferrol-A Coruña

Realizar un transporte público de mercadorías transportando bolería, desde Mosteiro ata Vilagarcía, carecendo da tarxeta visado de transportes. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

26-7-1994; 12.45; C-531, 2

Art. 141 B) en Relac.

142 m), 103 LOTT

Art. 198 B,

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

95-3774