Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.287

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 204/1996, do 30 de maio, polo que se dispón que cese, Fernando Rodríguez Corcoba como delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, Fernando Rodríguez Corcoba, como delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4192