Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Técnicos Superiores en Producción Acuícola y Técnicos en Operaciones de Cultivo Acuícola, Asogatec.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación Galega de Técnicos Superiores en Producción Acuícola y Técnicos en Operaciones de Cultivo Acuícola Asogatec, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros desta asociación tódolos técnicos superiores en producción acuícola e técnicos en operacións de cultivo acuícola, que acrediten a titulación correspondente.

Asinan a acta de constitución: Pablo González Fernández e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4048