Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Porta Foxo-Figueirido, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.23 da L.M.T. ó C.T. campamento de Figueirido rematando no C.T. que se proxecta en Porta Foxo-Figueirido, concello de Vilaboa.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 595 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., aérea, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 5.800.313 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 23 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3784