Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 134/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de central de coxeración, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Novo y Sierra, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Torre, Santa Cristina de Campaña, concello de Valga.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento da calor residual.

Características principais: central de coxeración composta de dous grupos motoxeradores con motor de 900 kW de potencia e xerador de 1.125 kVA cada un. Tensión 380 V. Transformador de 2.250 kVA, equipo de conexión, protección e recuperación de calor. Empregarase como combustible propano ou gas natural.

Orzamento: 120.206.750 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 19 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3678