Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/139-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: RR.BB.TT. en diversas parroquias.

Situación: Laracha e Arteixo.

Descripcións técnicas: liñas eléctricas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e pasadas sobre fachadas e con conductores R.Z. de 95,50 y 25 mm Al, e en conductor espido LC de 80,56 y 28 mm Al, de 4.612 m, y 7.404 m, de lonxitude respectivamente, nos lugares de Vilarmaior, Vilar, Polico, Vilar de Rois, Seixo, Fieital, Cerdeira, San Fins, Lemaio, Ramo, Formigueiro, Braña Grande, Marfulo, Canedo, Amieiro, Raxido e Poza de Vigo. Laracha.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III y IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de abril de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3260