Pola Resolución do 14 de marzo de 1996 aprobouse un gasto de 27.260.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración de diverso material didáctico con destino
á Escola Politécnica de Lugo, dependente desta consellería. Expediente: 996.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data de 25 de abril de 1996, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da siguiente forma:
Nº LOTE MATERIALOPIMPORTE
**Empresa Gamacisa
1 m. cámaras de fríoB9.802.000
2 m. estación agroalimentaria5.252.000
3 m. sistemas de adquisición datos10.904.000
Total:25.958.000
Segundo.-O prazo de execución será de 1 mes contado a partir da notificación da adxudicación.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.
P.D. (Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cádenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
96-3756