Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ACORDO do Concello Pleno, do 21 de maio de 1996, polo que se anuncia o concurso para a concesión da xestión integral do servicio municipal de auga corrente de Cabana de Bergantiños.

Obxecto do contrato.

Xestión integral do servicio municipal de subministración de auga corrente ó concello de Cabana de Bergantiños.

Duración do contrato.

Cinco anos renovables por períodos de cinco e ata un máximo de vintecinco anos.

Tipo de licitación.

Polas características de presente contrato non se fixa un tipo de licitación. Os concursantes deberán facer constar nas súas proposicións, se fose o caso, o volume de investimentos que realizarán, a súa duranción, a anualidade de amortización e o canon que satisfarán ó concello despois de cubri-los custos de explotación dos servicios e a amortización das obras.

Expediente administrativo.

Poderase consultar na secretaría xeral do concello sito na Carballa, Cesullas s/n, Cabana de Bergantiños, 15115, no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP e no DOG.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de que coincidise en sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Documentación das proposicións.

Toda a necesaria de acordo co previsto no prego de condicións.

Garantía provisional.

Cincocentas mil pesetas (500.000).

Garantía definitiva:

Dous millóns de pesetas (2.000.000).

Modelo de proposición

Don/a .... titular do DNI nº .... veciño de .... con domicilio en .... que actúo en nome propio ou en representación de .... segundo o poder suficiente que acompaño, comparezo ante o Concello de Cabana de Bergantiños, e

EXPOÑO:

a) Que desexo participar no concurso público convocado para adxudica-lo contrato de concesión integral do servicio municipal de subministración de auga corrente do concello de Cabana de Bergantiños.

b) Acepto integramente o prego de condicións económico-administrativas que rexen o citado concurso.

c) Comprométome, no caso de resultar elixido adxudicatario, á prestación do servicio, obxecto do contrato, conforme ó citado prego de condicións e as seguintes cláusulas:

1ª.-A tarifa media para 1996 será se seguinte .... pesetas/m de auga facturada.

2ª.-Comprométome a realiza-las seguintes obras nos prazos que se sinalen e por un valor de .... pesetas de execución por contrata.

3º.-A anualidade constante de amortización (capital máis xuros) para a recuperación dos investimentos realizados, fíxase en .... pesetas ó ano durante un período de .... anos.

4ª.-Despois de recupera-lo custo unitario pola xestión do servicio e a anualidade de amortización polos investimentos realizados, aboareille ó Concello de Cabana de Bergantiños un canon de .... pesetas m de auga facturada.

5ª.-A documentación esixida e concretamente a oferta económica consta na documentación presentada.

6ª.-Acompaño os cadros de prezos que rexerán en 1996 para as obras de acometida á rede de instalación de contadores ós que se refire o prego de condicións, especificando prezo medio metro lineal por tubo instalado con ocasión da prestación do servicio ós novos usuarios que o vaian solicitando.

Cabana de Bergantiños, 21 de maio de 1996.

Manuel Barral Castro

Alcalde-presidente

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273