Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación da obra denominada complementario de urbanización da construcción de 45 vivendas na parcela R.8.6 do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela. (Expediente C-92/020).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto galego da Vivenda e Solo, do 6 de maio de 1996, foille adxudicado o contrato mediante o procedemento negociado á empresa Teconsa por un importe de nove millóns seiscentas sesenta e nove mil setecentas catorce pesetas (9.669.714 pesetas) IVE incluído, e un prazo de execución dun mes.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3980