Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña-Servicio de Consumo-, pola que se comunica o estado do expediente 15-009/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases en que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: Coruña Expres, S.L.

NIF: 15.335.318-B

Expte.: 15-009/1996

Prazo: dez días.

Trámite: iniciación.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poidan examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, plaza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxima xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 18 de abril de 1996.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3693