Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria do 29 de marzo de 1996, acordou provisionalmente a adopción do escudo heráldico e da bandeira municipal de carácter propio.

En virtude do establecido no Decreto 258/1992, do 20 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, exponse o dito acordo e o expediente a información pública para que, durante o prazo dun mes, poida examinarse na secretaría do concello e formulárense reclamacións por parte dos interesados.

Vedra, 9 de abril de 1996.

Pedro Guitián Rodríguez

Alcalde

9603738