Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Unha vez realizadas tódalas correccións oportunas polo equipo redactor do PERI de San Cristovo, acórdase expoñer ó público o devandito PERI durante o prazo de 30 días contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG; durante o dito prazo as persoas interesadas poderán analiza-lo seu contido comparecendo nas dependencias municipais para así poderen presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Ribadavia, 18 de abril de 1996.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

9603147