En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación do IGAPE resolveu a adxudicación dos seguintes concursos públicos:
1) Concurso público para a contratación de cursos de expertos en creación de empresas do programa Lanza 96, adxudicado á empresa D'ALEPH/OBZ, S.L., polo importe de 5.605.760 ptas., IVE incluído.
2) Concurso público para a contratación de cursos de formación para xoves emprendedores do programa Lanza 96, adxudicados á empresa Escuela de Negocios Caixavigo os lotes 1.1, 1.2 e 1.4 polo importe de 19.500.000 ptas., IVE incluído.
3) Concurso público para a contratación de cursos de dirección operativa para xoves emprendedores do programa Lanza 96, adxudicados á empresa Escuela de Negocios Caixavigo os lotes 1.1, 1.2, 1.3, 1.5, 1.6 e 1.7 polo importe de 7.404.000 ptas., IVE incluído.
4) Concurso público para a contratación de cursos de formación en dirección de PEMES do programa Pimega 96, adxudicados á empresa Escuela de Negocios Caixavigo os lotes 1.1, 1.2, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4, 4.5 e 4.6 polo importe de 12.950.400 ptas., IVE incluído.
5) Concurso público para a contratación de cursos de formación en dirección operativa do programa Pimega 96, adxudicados:
-Á empresa Escuela de Negocios Caixavigo os lotes 1.2, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1 e 6.1 polo importe de 8.250.000 ptas., IVE incluído.
-Á empresa Arthur Andersen y Cía os lotes 1.3, 2.3, 3.3, 3.4, 4.4 e 4.5 polo importe de 6.577.200 ptas., IVE incluído.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 1996.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
3895