Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o instituto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo,

15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 11/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina consumible para o Igape.

b) Número de unidades que se van entregar: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: na sede do Igape en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado, 16.

d) Prazo de entrega: o estipulado na contratación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 100.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Economica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se require clasificación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se debe presentar: á indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama

e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

3881