Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 13 maio de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación da edición de 7.500 exemplares da guía do museo, 10.000 posters e 20.000 folletos, relativos ó museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo) .

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación que se cita:

-Edición de 7.500 exemplares da guía do museo, 10.000 posters e 20.000 folletos relativos ó museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo):

Orzamento de licitación: nove millóns de pesetas. (9.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Fianza provisional: non se esixe.

-Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no servicio de obras e contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

- Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que

aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

3896