Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de 2 radioenlaces para a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, para os centros da Escola Politécnica Superior de Ferrol e a Facultade de Ciencias de Lugo (S.X.C. 3/1996).

Orzamento da subministración: 30.500.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: mes e medio.

Fianza provisional: 610.000 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o se exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación, sita no edificio administrativo nº 5 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 45 28.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

P.D. (Orde 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

3334