Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.959

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se resolven as convocatorias públicas para a provisión, polo sistema de libre designación, de dúas prazas vacantes na Escola Galega de Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Escola Galega de Administración Pública, por ordes do 22 de xaneiro de 1996 (DOG nº 21, do 30-1-1996), e 12 de febreiro de 1996 (DOG nº 39, do 23-2-1996), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co artigo 27.2º, da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destinos, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se expresan no anexo I da presente convocatoria.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de

tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente preste servicios o funcionario ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario así como daquel no que obteña a praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

NRP/DNIGrupoApelidos e nomeCódigoDenominación

do posto de traballo

Centro

directivo

LocalidadeCorpo ou

escala

NivelEspecífico

33839763BCadenas Pérez, IsabelPR.A01.00.000.15770.018Xefa Servicio

Económico-Admtvo.

EGAPSantiago de

Compostela

Admón.

xeral

281.639.104
3528943124 A2060ALago García, José MªPR.A01.00.000.15770.009Xefe Serv. Selecc., Formac., Perfec. e Espec. persoal Admóns. autonómicaEGAPSantiago de

Compostela

Admón.

xeral

28 1.639.104

9603762