Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de abril de 1996 pola que se lle autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ó centro privado de formación profesional COFISAD da Coruña.

Examinado o expediente promovido por instancia do titular do centro COFISAD da Coruña, polo que solicita cambio de domicilio do centro por traslado de instalacións.

Tendo en conta que por Orde do 27 de novembro de 1989 (DOG do 26 de decembro), se lle concede autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de formación profesional de segundo grao da especialidade administrativa, da rama administrativa e comercial nas instalacións situadas na rúa Alfonso de Molina nº 22, Fonte das Pajaritas - A Coruña.

Vistos a Lei 14/1970, do 14 de agosto; Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4); Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Á vista dos informes da Delegación Provincial da Coruña e o informe da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de domicilio por traslado de instalación ó centro privado COFISAD, segundo se especifica no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Domicilio: Bugallal Marchesi 52 - A

Denominación específica: CONFISAD

Titular: Pedro Díaz Currás

Unidades autorizadas: 3 unidades de formación profesional de 2º grao da especialidade administrativa, da rama administrativa e comercial.

3582