Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 4802/1996 interposto por Ramón Emilio González Suárez.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo

número 4802/96 interposto por Ramón Emilio González Suárez, cotra acordo do Concello de Vigo do 8-2-1996, sobre aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior PERI Y-01 Pazos e contra o proxecto de rectificación de deficiencias do PXOU de Vigo de 1988 á Lei 11/1985, aprobado pola Xunta de Galicia o 29-4-1993, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-3608