Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T.S. EB1 Beiramar-PT Balaídos, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o centro de seccionamento existente na Paz rematando no C.T. existente de Beiramar, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15 kV, de 1.130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Aumento de dúas celas de liña CML-SF 6 no C.T. de Beiramar.
Orzamento: 6.135.570 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 11 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-3027