Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.831

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (193/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber, que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 193/1994, por pedimento do procurador Victorino Regueiro Muñoz, en representación do Banco Pastor, S.A., contra Modesto Choren Varela, María del Carmen Pardiñas Martínez e Anuncia Varela González, sobre reclamación de cantidade, e nas cales súa actuación se acordou sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días, logo de avaliación por perito, os bens embargados, que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, o día 25 de xuño, ás 10.15 horas, de conformidade coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 4.500.000 ptas., para o predio número 1; 4.500.000 ptas., para o predio número 2; 4.500.000 ptas., para o predio número 3; 3.125.000 ptas., para o predio número 4; 11.169.000 ptas., para o predio número 5; e 5.940.000 ptas., para o predio número 6, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na licitación os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta número 1500-17-019394, o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo de remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros, agás os do predio número cinco.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, e sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vin

deiro día 19 de xullo ás 10.15 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a devandita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 18 de setembro ás 10.15 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto da poxa.

Predio número 1. Vivenda D, da segunda planta, segunda fase, portal II, de 25 metros cadrados, dun edificio con fronte ás rúas Alfredo Brañas, Montero Ríos e República del Salvador, desta cidade. Ten acceso pola rúa Alfredo Brañas. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, no folio número 31, libro 165 da sección segunda, tomo 1123, predio número 15484.

Predio número 2. Vivienda D, da cuarta planta, segunda fase, portal II, dun edificio con frontes as rúas Alfredo Brañas, Montero Ríos e República del Salvador. Extensión 25 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, folio 117, libro 149, da sección segunda, tomo 1107, predio número 14091.

Predio número 3. Vivenda E, da planta cuarta, segunda fase, portal II, pertencente a un edificio con frontes ás rúas Alfredo Brañas, Montero Ríos e República del Salvador. Extensión 25 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, folio 119, libro 149, sección segunda, tomo 1107, predio 14092.

Predio número 4. Apartamento tipo «A» sinalado coa letra K, na segunda planta alta da casa, coñecida por Edificio Tras Alba sita na rúa Pelamios, de Santiago de Compostela. Extensión 22 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, folio 107, libro 26, da sección segunda, tomo 984, predio número 2077.

Predio número 5. Piso primeiro esquerda, da casa número 12 da rúa Diego de Muros de Santiago de Compostela.

Predio número 6. Apartamento na primeiraplanta, destinada para vivenda, sinalado coa letra «E» dun edificio no lugar de Cardiñosa, parroquia e concello de Vilanova de Arousa, cunha superficie útil de 50,4 metros cadrados, e unha terraza unida de 3,60 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa, libro 62, folio 205, predio número 6259.

Sírvalle-lo presente edicto de notificación en forma ós demandados, para o caso de que o seu domicilio fose decoñecido.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9603800