Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 22 de maio de 1996 Páx. 4.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de abril de 1996 pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Concello de Vigo (Pontevedra), entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por resolución da Alcaldía-Presidencia do Concello de Vigo (Pontevedra) do 20 de febreiro de 1996, efectuouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de secretario/a xeral adxunto/a do devandito concello, de acordo coas bases aprobadas polo Pleno da Corporación con data 8 de febreiro de 1996.

De conformidade co disposto no artigo 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das competencias conferidas polo artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-las bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, do posto de secretario/a xeral adxunto/a do Concello de Vigo (Pontevedra), que se xuntan coa presente orde.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Corporación: Concello de Vigo

Bases da convocatoria.

1a) Obxecto.

As presentes bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria para cubrir, polo sistema establecido no artigo 99.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 10/1993, do 21 de abril (BOE do 22 do mesmo mes), o posto de traballo reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional de secretario/a xeral adxunto/a.

2a) Características do posto.

O posto que hai que cubrir atópase incluído na relación de postos de traballo aprobado polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 18 de xaneiro de 1996, e a súa provisión mediante forma de libre designación, que foi acordado en sesión plenaria do 26 de outubro de 1995, quedando defi

nitivamente aprobado ó non se presentaren alegacións.

O complemento de destino asignado é o correspondente ó nivel 30.

O complemento específico anual fixado para o posto de secretario/a xeral adxunto/a é de 5.544.685 ptas.

3a) Requisitos dos aspirantes.

Serán requisitos indispensables para concorrer á convocatoria o poder desenvolve-lo posto no caso de ser nomeado, estar integrado na escala de habilitación nacional, subescala secretaría, clase primeira e categoría superior. A titulación esixida é licenciado/a en dereito, ciencias políticas ou socioloxía.

4a) Convocatoria.

A convocatoria será remitida pola Alcaldía-Presidencia á Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia para que este dispoña a súa publicación, en extracto, no Boletín Oficial del Estado.

5a) Solicitudes.

As solicitudes dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, dentro do prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Ademais do contido mínimo establecido no artigo 70.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 seguinte), na solicitude deberase indica-lo número de rexistro persoal, a situación administrativa na que se atope o solicitante, o posto de traballo que ocupe, se é o caso.

Xunto coa solicitude, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae, no que constarán os títulos académicos, os anos de servicio, os postos de traballo desempeñados na Administración, estudios e cursos realizados, coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma, e outros méritos que crea oportuno poñer de manifesto, que deberá acreditar documentalmente e fidedignamente.

6a) Nomeamento.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía-Presidencia, no prazo dun mes, procederá, se é o caso, e trala constatación da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, a dicta-la resolución de adxudicación.

Desta resolución darase conta ó Pleno da Corporación municipal e darase traslado á Consellería da Presidencia e Administración Pública e á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, para a súa anotación e publicación no Boletín Oficial del Estado.

7a) Toma de posesión.

Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para os funcionarios con habi

litación nacional nomeados en virtude de concurso ordinario.

8a) Impugnación.

Os interesados poderán interpoñer contra as presentes bases recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir da publicación, ou calquera outro que consideren oportuno.

3779