Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se resolve o concurso para concerta-los servicios de osixenoterapia, aerosolterapia e ventiloterapia a domicilio na provincia de Lugo.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos, do 31 de xaneiro de 1996, convócase concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de osixenoterapia, aerosolterapia e ventiloterapia a domicilio na provincia de Lugo (DOG nº30, do 12 de febreiro de 1996).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación constituída para tal fin, o director xeral de Recursos Económicos, en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 16.2º do Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVEU:

Como órgano de contratación, adxudica-lo contrato,

Obxecto: prestación dos servicios de osixenoterapia, aerosolterapia e ventiloterapia a domicilio na provincia de Lugo.

Orzamento: 136.638.000 ptas.

Adxudicatario: Alifar, S.A.

Data de adxudicación: 19 de marzo de 1996.

Prazo de execución: 1 ano, prorrogable previo acordo das partes, ata un máximo de 4.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

3465