Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/198-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. tipo superficie en campo da feira.

Situación: Carballo.

Descripcións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3 (1x240) mm AL, de 120 m de lonxitude, con orixe na liña campo da feira-igrexario (Expte. 30843) e remate en C.T. que se vai instalar nomeado campo da feira. Centro de transformación, tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en campo da feira. Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3562