Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 20 de maio de 1996 Páx. 4.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Chantada (Lugo).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con domicilio na praza da Palloza, 3-2º, 15006 A Coruña.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Chantada, na provincia de Lugo, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, o cal se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: estación de G.L.P., con capacidade de almacenamento de 198 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e transvasamento adecuados ás necesidades de consumo. Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, cunha lonxitude de 3.820 m e construída con tubo de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá enterrada na súa totalidade.

Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Chantada, na provincia de Lugo.

Orzamento: cento dous millóns de pesetas (102.000.000 de ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, en Lugo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3455