Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Concello de Tomiño, co voto favorable da maioría absoluta dos membros desta corporación aprobou, en sesión do pleno realizada o día 4 de

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

maio de 1996 o proxecto de normas subsidiarias do termo municipal de Tomiño, unha vez que o citado expediente foi informado favorablemente pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto na Lei 7/1995, da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, facéndose constar que publicado o presente edicto no DOG, o concello publicará no BOP de Pontevedra as normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), non entrando en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 65.2º do mesmo corpo legal.

Contra o devandito acordo, que é firme na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data de publicación do presente edicto, tendo que comunicarse a súa interposición ó Concello de Tomiño, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación ante o órgano xurisdiccional antes citado.

Tomiño, 7 de maio de 1996.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde