Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación do Plan de Promoción, Publicidade e Imaxe do Instituto Galego de Promoción Económica e a súa execución para os anos 1996 e 1997.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), r/ Fray Rosendo Salvado 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 9/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Plan de Promoción, Publicidade e Imaxe do IGAPE e a súa execución para os anos 1996-1997.

b) Prazo de execución: dous anos, prorrogables por outros dous.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 120.000.000 de ptas.(IVE incluído) distribuído en dous anos, a razón de 60.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 2.400.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

b) Domicilio: r/ Fray Rosendo Salvado, 16, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do día 1 de xullo de 1996.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas. Ás 9 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frai Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

10. Outras informacións. Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir en relación ao obxecto deste concurso, os licitadores poderán comparecer en forma na sede do INESGA en Santiago de Compostela, sita en rúa de Feans, bloque 3 C, ás 4 da tarde do día 30 de maio de 1996.

11. Gastos de anuncios. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas. 10 de maio de 1996.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

3376