Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.664

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (339/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, faise saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 339/1994, promovido por Benigno García Suárez contra Mª Victoria Otero Guldrís, Mª Rosa Otero Guldrís, Mª del Carmen Otero Guldrís, Francisco Otero Guldrís e Nieves Lamas López, nos que, por resolución desta data, acordouse sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe; o remate terá lugar na Sala de Audiencia deste xulgado, do xeito seguinte:

En primeira poxa, o día 25 do vindeiro xuño, ás 11 horas da mañá, servindo de tipo, o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma de 24.150.000 ptas.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, do día 30 do vindeiro xullo e ás 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 26 de setembro próximo e ás 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, podéndose face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, con excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-118-339-94 o 20% do tipo expresado requisito sen o cal non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteiores e os preferentes, se os houbese, a crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa:

Casa nº 124 moderno da rúa Sánchez Freire da parroquia de Conxo, concello de Santiago de Compostela, de planta baixa e piso abufardado, que ocupa un solar de 108 m. Polo lado oeste e unido á dita casa ten un pequeno cuberto cerrado destinado a corte, que ocupa un soar de 34 m. Polo norte e oeste da citada casa e cuberto, ten a súa horta e saído, que todo leva 36 cuartillos ou 9 áreas e 59 centiáreas, pechada en si mesma con 19 m o soar á rúa de Sánchez Freire, formando todo o expresado un só predio urbano e rústico de 41 e 1/3 cuartillos ou 11 áreas e 10 centiáreas, con inclusión da dita casa e o demais expresado. Linda: norte, dereita entrando, casa e horta de Ignacio Martínez; sur, esquerda, Casa Rectoral de Conxo; fronte, este, rúa de Sánchez Freire e atrás, oeste, despois da horta, muro que a sostén e separa de testas de labradío de varios consortes. Sobre o predio descrito e, ocupando parte deste, construíuse unha nave de 300 m de planta baixa. Tendo o seu fronte á rúa Sánchez

Freire. Casa, nave e demais edificacións existentes no citado predio forman unha soa cos mesmos lindeiros asignados na súa descrición. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela ó tomo 579, libro 254, folio 203 Vto., predio nº 6.835, inscrición 6ª.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de non seren encontrados no domicilio pactado na escritura de constitución de hipoteca.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9603673