Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o vintenove de marzo do ano en curso, aprobou inicialmente a modificación do plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro no ámbito dos neiros: 6A, 19C, 28A, 28B e 29B.

De conformidade coa normativa vixente, ábrese un período de información pública dun mes, contado a partir da última publicación oficial deste edicto (BOP, DOG), co fin de que poidan presentarse alegacións e reclamacións contra a dita aprobación, que se dirixirán a alcaldía-presidencia.

Durante o período sinalado, o expediente pode consultarse na xerencia de urbanismo do concello en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 15 de abril de 1996.

O Alcalde

Rubricado

ªJcš0p¢Ÿ ÿ