Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (58/1996).

Por esta cédula e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 58/1996, de orde, seguidos por instancia de Manuela Sampedro Neira, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e defendida polo letrado Sieira Santos contra Pablo Manuel Muñiz Martínez e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 21 de maio do presente ano ás 10 horas, cítase o demandado Pablo Manuel Muñiz Martínez, que tivo o seu domicilio na Pobra do Caramiñal e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba dos que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na Praza do Concello, s/n, de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente prevíndoa de que a copia da demanda se atopa á súa disposición neste xulgado.

Ribeira, oito de maio de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

3591