Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de pesca fluvial 95/0227.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992,

do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 10 de abril de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: P-95/0227.

Denunciado: Pedro Fernández Rivera.

DNI: 32.619.182

Último enderezo coñecido: Concepción Arenal, 33-35 Ferrol.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para as capturas.

Tipificación infracción. Ley de pesca:

Artigo infrinxido: 33.9º

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta:

Multa: 10.000

Indem.: 2.700

3456