Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (193/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 00193/1995, dictouse a sentencia, que ten como encabezado e parte dispositiva o teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o 8 de abril de 1996, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado con nº 193/1995, no que actuaron como demandante Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo, e como demandado Javier Jiménez Agra, declarado rebelde nas actuacións. Decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 90.070 ptas. de principal e xuros, máis os xuros moratorios pactados, máis as custas que se impoñen expresamente e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 100.00 ptas. Contra esta resolución poderá

interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instanica, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Javier Jiménez Agra, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, o dez de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

96-3450