Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/40-2. Libro de rexistro: 4.512 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sánez Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Couso, Regulfe e Bustelo.

Situación: Bóveda.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 663 metros, sobre postes de formigón. Dous centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.080 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Couso, Regulfe e Bustelo, no concello de Bóveda.

Orzamento: 8.100.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3413