Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación da obra: construcción de Edificio Multiusos, centro parroquial e acondicionamento do espacio público circundante en Vilalba (clave 96.01.LU).

1. Nome, dirección, número de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 43 71.

Telefax nº: (981) 54 43 43.

2. A) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación: execución das obras contidas no proxecto construcción de Edificio Multiusos, centro parroquial e acondicionamento do espacio público circundante en Vilalba.

C) Orzamento total: mil cincuenta e un millóns cincocentas noventa e unha mil catrocentas setenta e catro pesetas (1.051.591.474 ptas.) IVE incluído.

3. A) Lugar de execución: térmo municipal de Vilalba, provincia de Lugo (España).

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: as definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

12 meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

6. A) Solicitude de documentación para participar no concurso: Copyestudio en r/ Nova, nº 19-Galerías, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono (981) 59 33 85. Copynino en r/ General Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, (España). Teléfono (981) 58 89 38.

O custo total para adquirir copia de toda a documentación ascende a 75.235 ptas. (IVE incluído).

B) Data límite de recepción de solicitudes de participación: 17 de xuño de 1996.

C) Dirección á que deberán enviarse as ofertas: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio administrativo de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

D) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea acompañado de traducción oficial.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións.

En acto público o día 21 de xuño de 1996 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas.

Esixirase unha fianza provisional de 21.031.829 ptas. de acordo co establecido no apartado H do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de 42.063.659 ptas. segundo o definido no apartado I do cadro de características do citado prego.

Ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiación e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a axudicación do contrato cando non se mencionen na invitación para licitar.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artgo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación: grupo A, subgrupos 1, categoría a). Grupo C, subgrupos 1 a 9 inclusive, categoría f). Grupo I, subgrupos 1, 5, 6, 7 e 9, categoría d). Grupo J, subgrupos 1, 2 e 5, categoría c). Grupo K, subgrupos 5 e 9, categoría d).

14. Data do envío do anuncio á O.P.O.C.E.

26 de abril de 1996.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3411