Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 22/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do

Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T., tramo I, aérea, a 20 kV, de 1.447 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. de Requeixada ata o C.T. que se proxecta en Cesar; tramo II, aérea, a 20 kV, de 582 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. de Cesar ata o C.T. que se proxecta en Reiris, ámbolos dous no concello de Caldas de Reis. C.T. de 50 kVA, en Cesar, relación de transformación 20 kV-398/230 V. C.T. de 50 kVA, en Reiris, relación de transformación 20 kV-398-230 V. R.B.T. en Cesar, aérea, de 40 m de lonxitude e conductor tipo R.Z. R.B.T. en Reiris, aérea, de 260 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 12 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9603400