Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.469

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 157/1996, do 9 de maio, polo que se dispón que cese Alberto Núñez Feijóo, como secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro; por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, encargado da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, Alberto Núñez Feijóo como secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, encargado da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Decreto 152/1996, do 7 de maio)

3650