Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día vinteseis deste mes, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das NSP na intersección Avda. da Coruña-Camiño da Chousa-Friol, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante do dito proxecto polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP ou no xornal El Progreso.

Durante o dito prazo, calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación aludida do dito proxecto nas dependencias municipais, e presenta-los escritos de alegacións que considere convenientes.

Friol, 28 de marzo de 1996.

Antonio E. Muíña Pena

Alcalde

9602852