A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Outokumpu Minera Española, S.A., con domicilio en Agustin de Foxá, 25-6º B, 28036 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 24 de outubro de 1994 instancia-solicitude do permiso de investigación ampliación a Visuña I de 3 cuadrículas mineiras para recursos de cobre, chumbo, zinc e outros, que se sitúa nos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga da provincia de Lugo e Barjas e Oencia da provincia
de León, á que lle correspondeu o número 5.876 da provincia de Lugo.
A designación do terreo é a seguinte:
VérticeLonxitude Latitude
1-7º 03' 00''42º 35' 20''
2-7º 02' 00''42º 35' 20''
3-7º 02' 00''42º 35' 00''
4-7º 03' 00''42º 35' 00''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen perxuizo de terceiro.
O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer en forma no expediente dentro do plazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de régimen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.
Lugo, 21 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3353