Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. de subestación Atios a polígono industrial A Granxa que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Atios ata o polígono industrial da Granxa, onde enlaza coas liñas de media tensión do propio polígono, no concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 3.408 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 32.007.633 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 15 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3354