Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente número IN407A 96/2-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Situación: Sequeiros (Coles).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea a 20 kV, de 813 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde un apoio da liña ó C.T. de Meriz e finaliza no C.T. proxectado aéreo en Sequeiros (Coles) con 50 kVA, 20 kV/380-220 V.

Orzamento: 4.856.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 12 de abril de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9603392