Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/30-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Zaramacedo.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea que medida tensión, a 20 kV, sobre apoio formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Santiago de Compostela II, Lavacolla (expediente (51022) e final no C.T. que se vai instalar en Zaramacedo. Centro de transformación aéreo, sobre apoio formigón, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 630 m de lonxitude, en seccións de 95 y 50 mm, concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3398