Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 40/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de central de coxeración na explanada anexa ó peirao de reparacións de Coia, parcela 7-Bouzas que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Elaborados Freiremar Vigo, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na explanada anexa ó peirao de reparacións de Coia, parcela VII-Bouzas, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento da calor residual.

Características principais: grupo moto-alternador de 660 kW a 1.000 r.p.m. cun xerador de 850 kVA. Equipo auxiliar de control e protección. Equipo de acoplamento e medida a rede con transformador de 1.000 kVA. Caldeira de recuperación da calor e sistema de almacenamento de combustible.

Orzamento: 43.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 26 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3215