Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/31-2. Libro de rexistro: 4.503 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. e R.B.T. para edificio na rúa Misericordia.

Situación: Covas- Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 190 metros e con cable D.H.V. 15/25 de 1x150 mm Al. Rede de baixa tensión con cable DN-RA-0,6/1 kV de 3(1x150)+1x95 mm Al e 3(1x95)+1x70 mm Al, para subministración eléctrica ó edificio Arsar e Promotora Covas, na rúa Misericordia, Covas-Viceiro.

Orzamento: 7.472.385 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9603217