Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de abril de 1996, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01354-I-95 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras

dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña , 11 de abril de 1996.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01354-I-95

S-0580-M

Inspec. Ttes.

A03PG012567

Ttes. Casimiro y Javier, S.L.

Meiras Peredo

Sada

Non face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.

20-9-1995

LOTT A.

142 n) ROT

199 n)

R.D. 1211/90

LOTT A.

143 201

ROT

25.000

XC-01610-O-95

C-0790-U

AG. Tráfico

150176512252

Casal Veiga, José Manuel

Vivdas. San Rosendo, 21-3º

Narón

Facer transporte privado complementario de mercadorías de Carral a Arteixo, carecendo o vehículo de autorización administrativa. Carece de distintivos.

20-10-1995; 17.15; C-552; 14

LOTT A.

141 b) RLC

142 m) ROT

198 b)

R.D. 1211/90

LOTT A.

143 201

ROT

25.000

96-3300