Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.296

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA DA PROPIEDADE URBANA DE VIGO

ANUNCIO.

De conformidade co artigo 22 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, e en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30 do pasado mes de marzo, a conta de liquidación do orzamento de 1995, estará de manifesto para os membros desta cámara, para o seu exame, polo prazo de quince días, a partir do seguinte ó da publicación do presente neste diario oficial.

Vigo, 1 de abril de 1996.

Casimiro Durán Gómez

Presidente