Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón Sanjurjo Badía, Dr. Corbal, Pedro Alvarado e Alonso Ojeda.

Aprobados incialmente polo Concello Pleno, co data do 26 de outubro de 1995, o estudio de detalle de fixación de aliñacións e rasantes no cuarteirón

Sanjurjo Badía, Dr. Corbal, Pedro Alvarado e Alonso Ojeda (3371/411), redactado polo arquitecto Rogelio Pérez Conde por encargo do Concello de Vigo, así como a delimitación como unidade de execución das parcelas interiores do ámbito do estudio de detalle, que figuran no plano P-4 do expediente, fixando o sistema de compensación; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición o abranguido polo seu ámbito, que vén reflectido no plano I-1 do expediente, cos límites seguintes:

Norte: rúa Alonso Ojeda.

Sur: rúa Sanjurjo Badía.

Leste: rúa Dr. Corbal.

Oeste: rúa Pedro Alvarado.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de decembro de 1995.

José A. Gil Sotres

Alcalde Acctal

2830