Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dunha subministración sucesiva para a adquisición de fluoruro sódico ó 0,2% para colutorios oculares.

Obxecto e orzamento: adquisición de fluoruro sódico ó 0,2% para colutorios oculares, polo importe máximo de 29.400.000 ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

2746