Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 29-6-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Entienza número 2468.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 29-6-1995, da Comisión Galega do Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Entienza nº 2468 sita en terreos do termo municipal de Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra, promovido por Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Entienza.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 4' 40'' norte, e polos meridianos 8º 33' 20'' 8º 34' 20'' oeste, e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Entienza nº 2468 encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 11 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3227