Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 abril de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC-430, treito: Ponteceso-As Agrelas. (Clave: N/AC/91.15.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución encóntranse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa orzamentario 413B, denominado construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data

do 5 de marzo de 1996 aprobouse o proxecto das obras de acondicionamento da estrada AC-430, treito: Ponteceso-As Agrelas. Clave: N/AC/91.15.1.

O Consello da Xunta de Galicia, polo Decreto 94/1996, do 29 de febreiro, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por estas a efectos da aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Cabana para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse o lugar dos predios, de consideralo necesario.

-Concello de Cabana:

Lugar: o levantamento de actas terá lugar na Casa Consistorial de Cabana.

Día: 13 de maio de 1996 de 10 a 14 horas, desde os apelidos que empecen por «A» ata os do «F».

Día: 14 de maio de 1996 de 10 a 14 horas, desde os apelidos que empecen por «G» ata os do «L».

Día: 15 de maio de 1996 de 10 a 14 horas, desde os apelidos que empecen por «M» ata os do «Q».

Día: 16 de maio de 1996 de 10 a 14 horas, desde os apelidos que empecen por «R» ata os do «Z».

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, á súa custa, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública durante un prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Pza. Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 18 de abril de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Xefe provincial de Estradas da Coruña

3423